Xoves 28 Marzo 2024

Explora o cometa de Rosetta

Créditos da imaxe: Science Office, ESA
Explicación: Como sería voar ao redor dun núcleo cometario? Para averigualo, so tes que agardar a que o teu navegador compatible con WebGL cargue un modelo dixital polo miúdo do cometa 67P e despois: explora! Cun rato normal, o botón esquerdo permite rotar o cometa, o botón dereito permite moverte ao redor do cometa e a roda central permite amplialo. A nave espacial automática Rosetta da ESA orbitou ao cometa C67/P Churyumov-Gerasimenko desde mediados de 2014 ata o venres pasado, cando despois dunha misión notable e exitosa, deixouse caer de xeito intencionado sobre a superficie e apagouse. Entre outros logros científicos relevantes, a Rosetta permitiu á humanidade mellorar a comprensión de onde se forman os chorros cometarios dos cometas mentres se achegan ao Sol.

VOLVE AstroGalicia16: a festa galega das estrelas. Do 7 ao 9 de outubro en Castrelo de Miño.

Ciencia transparente: navega polos máis de 1.350 códigos da Astrophysics Source Code Library

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente