Créditos da imaxe: Galileo Project, JPL, NASA

Créditos da imaxe: Galileo Project, JPL, NASA

Europa dende a nave espacial Galileo

Créditos da imaxe: Galileo Project, JPL, NASA

Créditos da imaxe: Galileo Project, JPL, NASA

Explicación: que misterios se poderían resolver ollando no interior dunha bóla de cristal? Neste caso, realmente a bóla é a lúa de Xúpiter, os cristais son xeo e a lúa non está só suxa senón tamén rachada de xeito que non se pode reparar. Porén, especúlase que existen océanos baixo as chairas de xeo crebado de Europa que ben poderían valer para a vida. Esta hipótese recibiu un novo pulo esta semana polas imaxes publicadas desde oTelescopio Espacial Hubble que sinalan que ás veces emanan penachos de vapor de auga desde a lúa con codia de xeo; penachos que poderían traer a vida mariña microscópica ata a superficie. Europa, máis ou menos do tamaño da Lúa da Terra, estáfotografada aquí en cores naturais tal e como a captou en 1996 a xa defunta Gnave espacial Galileo. que orbitaba a Xúpiter. As observacións futuras do Hubble e as misións planificadas coma o Telescopio Espacial James Webb a finais desta década e unhamisión de sobrevoo de Europa nos anos 2020 poden aumentar a comprensión da humanidade non só de Europa e o Sistema Solar temperán senón tamén da posibilidade de que haxa vida noutro lugar do universo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.