Lúa Europa

A Europa da Galileo remasterizada

Lúa Europa

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SETI Institute, Cynthia Phillips, Marty Valenti.

Explicación: orbitando polo sistema xupiteriano a finais dos anos 90, a sonda espacial Galileo gravou imaxes abraiantes de Europa e descubriu evidencias de que a superficie xeada da lúa probablemente agoche un océano fondo e global. Os datos da imaxe da Europa de Galileo foron remasterizados recentemente aquí, empregando novas calibracións melloradas para producir unha imaxe en cor de como a podería ver un ollo humano, de xeito aproximado. As longas fracturas en curva de Europa son indicios de auga líquida por baixo da superficie. As flexións polas mareas que experimenta a gran lúa na súa órbita elíptica ao redor de Xúpiter proporciona a enerxía que mantén líquido o océano. Pero máis prometedora é a posibilidade de que incluso na ausencia da luz solar ese proceso podería aportar tamén a enerxía necesaria para que exista vida, facendo de Europa un dos mellores lugares para a procura de vida máis alá da Terra. Que tipo de vida se podería desenvolver nun océano fondo e escuro por baixo da superficie? Pensa que o planeta Terra ten o seu proio camarón extremófilo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.