Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble

Estrelas veloces na nebulosa de Orión

En Orión, as explosións de supernova crearon planetas interestelares e estrelas moi rápidas

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble

Explicación: comeza coa constelación de Orión. Por baixo do cinto de Orión hai unha área esborranchada coñecida coma a Gran Nebulosa de Orión. Neste nebulosa hai un brillante cúmulo estelar coñecido coma o Trapecio, marcado por catro estrelas brillantes preto do centro da imaxe. As estrelas recén nadas do Trapecio e as rexións do arredor mostran á nebulosa de Orión como unha das zonas máis activas de formación estelar que se atopan na nosa área da Galaxia. En Orión, as explosións de supernova e as interaccións achegadas entre as estrelas crearon planetas interestelares e estrelas que se moven axiña polo espazo. Algunhas destas estrelas rápidas atopáronse comparando imaxes diferentes desta rexión tomadas polo Telescopio Espacial Hubble cunha diferenza de moitos anos. Gran parte das estrelas da imaxe publicada, tirada en luz visible e infravermello achegado, semellan estrañamente vermellas porque se ollan a través do po que esparexe gran parte da luz azul.

Rematamos a xira galega das charlas sobre o APOD do último ano en Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.