Venres 19 Abril 2024

Estrelas novas e nebulosas en Taurus

Créditos da imaxe e copyright: Lloyd L. Smith, Deep Sky West
Créditos da imaxe e copyright: Lloyd L. Smith, Deep Sky West

Explicación: este complexo de nebulosas poeirentas fica ao longo do bordo da nube molecular de Taurus, a só 450 anos luz de distancia. As estrelas están a formarse na escena cósmica. O campo de visión telescópico, con 2 graos de ancho e composto a partires de case 40 horas de datos de imaxes, inclúe algunhas estrelas mozas da clase T-Tauri incrustadas nos refugallos das súas nubes natais á dereita. Con millóns de anos de idade e atravesando aínda a adolescencia estelar, as estrelas son variables en brillo e están nas últimas fases do seu colapso gravitacional. As temperaturas do seu núcleo subirán para soster a fusión nuclear mentres progresan pola secuencia principal, estables e de masa baixa, unha etapa da evolución estelar á que chegou o noso Sol de mediana idade cuns 4,5 millóns de anos de idade. Outra estrela variable moza, V1023 Tauri, pode descubrirse á esquerda. Dentro da súa nube de po amarela atópase preto da espectacular nebulosa de reflexión azul Cederblad 30, coñecida tamén coma LBN 782. Xusto por riba da nebulosa brillante de reflexión azul está a poirenta e escura nebulosa Barnard 7.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang