Xoves 18 Abril 2024

Estrelas, espectros, nubes, auroras

Estrelas, espectros, nubes, auroras
Créditos da imaxe e copyright: Mike Hollingshead (Extreme Instability).

Explicación: que son eses raios vermellos do ceo? Ao fotografar auroras imprevistas sobre unha tormenta afastada, aconteceu algo extraordinario: espectros vermellos. Este caso breve de alustros a alta altitude raramente fotografados brillou tanto que o presenzaron varias persoas independentemente. Estes espectros vermellos, fotografados sobre Minnesota (EUA) en maio de 2013, probablemente seguiron a un lóstrego convencional a baixa altitude pero moi potente. No cadro presentado cáptase unha casa e un poste eléctrico no primeiro plano, nubes abundantes na baixa atmosfera, unha tormenta eléctrica no horizonte, espectros vermellos afastados, unha aurora verde na atmosfera superior e estrelas distantes da nosa veciñanza local da galaxia Vía Láctea. Pénsase que a espectacular imaxe é só o segundo caso coñecido de espectros e auroras fotografados xuntos, e posiblemente a primeira vez que se fai en cores reais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente