Sábado 20 Abril 2024

Estrelas e po en Corona Australis

Corona Australis
Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team, Procesado – Johannes Schedler.

Explicación: as nubes de po cósmico e as estrelas novas e enerxéticas poboan esta vista telescópica, a menos de 500 anos luz de distancia cara a fronteira setentrional de Corona Australis, a Coroa do Sur. As nubes de po bloquean a luz das estrelas do fondo distante da Vía Láctea con moita eficiencia. Pero o abraiante complexo de nebulosas de reflexión catalogadas coma NGC 6726, 6727 e IC 4812 produce unha cor azul característica xa que a luz das estrelas quentes e novas da rexión é reflectida polo po cósmico. O po tamén escurece a vista das estrelas que aínda se están a formar. Na esquerda, a nebulosa amarela e máis pequena NGC 6729 dóbrase ao redor da nova estrela variable R Coronae Australis. Xusto por baixo dela, hai arcos e bucles brillantes batidos polos fluxos procedentes das estrelas recén nadas incrustadas que se identifican coma obxectos Herbig-Haro objects. Este campo de visión abarca no ceo 1 grao aproximadamente. Iso correspóndese case a 9 anos luz á distancia que se lle estima á achegada rexión de formación estelar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente