O centro da nosa galaxia Vía Láctea

Estrelas do centro galáctico

O centro da nosa galaxia Vía Láctea

Créditos da imaxe: Susan Stolovy (SSC/Caltech) et al., JPL-Caltech, NASA.

Explicación: o centro da nosa galaxia Vía Láctea está agochado dos ollos curiosos dos telescopios ópticos polas nubes escuras de po e gas. Pero nesta vista impresionante, as cámaras en infravermello do Telescopio Espacial Spitzer furan gran parte do po desvelando as estrelas da ateigada rexión do centro galáctico. A detallada imaxe en falsa cor, un mosaico de moitas instantáneas máis pequenas, amosa as estrelas maiores e frías en cores azuis. As nubes de po de brillo avermellado están asociadas con estrelas novas e quentes nas garderías estelares. Só foi recentemente que se atopou que o propio centro da Vía Láctea era quen de formar estrelas recén nadas. O centro galáctico atópase a uns 26 000 anos luz de distancia, cara a constelación de Sagittarius. A esa distancia, a imaxe abarca uns 900 anos luz.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.