Venres 29 Marzo 2024

Estraños penachos sobre Marte


 Créditos da imaxe e copyright: W. Jaeschke.

Explicación: que está a crear estraños penachos sobre Marte? Ninguén o sabe. Ollados e confirmados por un equipo global de astrónomos afeccionados en fotos do planeta vermello en marzo de 2012, posiblemente se atoparon agora columnas de fume semellantes en fotografías de arquivo tan atrás como en 1997. Coma os penachos acadan os 200 quilómetros de altura, parecen demasiado altos como para estar relacionados co po superficial transportado polo vento. Coma un dos penachos durou once días, pareceu durar demasiado como para ter que ver coas auroras. Seguramente os astrónomos afeccionados seguirán a vixilar o terminador e as rexións do limbo de Marte na procura de penachos altos e novos, e a armada de satélites que orbita Marte pode ser avisada para verificar e estudar calquera penacho recén informado que se faga visible. A animación en vídeo secuencia de 35 minutos publicada tirouse o 20 de marzo de 2012 polo descubridor dos penachos; un avogado de Pensilvania, EUA.
Aposta: que pensas que son estes estraños penachos de Marte?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa