Sábado 20 Abril 2024

Estouridos no cúmulo estelar R136

Créditos da imaxe: NASA, ESA e F. Paresce (INAF-IASF), R. O’Connell (U. Virginia) mailo HST WFC3 Science Oversight Committee
Créditos da imaxe: NASA, ESA e F. Paresce (INAF-IASF), R. O’Connell (U. Virginia) mailo HST WFC3 Science Oversight Committee

Explicación: no centro da rexión de formación estelar 30 Doradus atópase un enorme cúmulo que contén algunhas das estrelas máis grandes, quentes e masivas que se coñecen. Estas estrelas, denominadas colectivamente coma cúmulo estelar R136, foron captadas na imaxe publicada en luz visible pola Wide Field Camera 3 en 2009 mirando polo Telescopio Espacial Hubble. As nubes de gas e po de 30 Doradus, tamén coñecidas coma a nebulosa Tarántula, foron esculpidas en formas alongadas polos potentes ventose a radiación ultravioleta procedente destas estrelas quentes do cúmulo. A nebulosa 30 Doradus está no interior dunha galaxia veciña coñecida coma a Gran Nube de Magallanes e localízase a só 170.000 anos luz de distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos