Créditos da imaxe: NASA, Expedición 44.

Créditos da imaxe: NASA, Expedición 44.

Espectros dende o espazo

Créditos da imaxe: NASA, Expedición 44.

Créditos da imaxe: NASA, Expedición 44.

Explicación: unha Lúa vella e as estrelas de Orión erguíanse por riba do horizonte leste o 10 de agosto. O minguante da Lúa aínda brillaba abondo para estar sobreexposta nesta instantánea tirada desde outro gran satélite do planeta Terra, a Estación Espacial Internacional. Unha luminescencia verdescente perfila a atmosfera sobre o limbo da noite do planeta. Por baixo, as luces das cidades e os alustros das tormentas aparecen sobre o México meridional. A toma tamén captura a aparición dunha forma rara de lóstregos da atmosfera superior, un gran espectro vermello collido por riba dun flash dun alustro no extremo dereito. Mentres o movemento orbital da estación espacial fai que as luces da cidade se emborronen e deixen un ronsel durante a exposición, o flash extremadamente breve do espectro vermello aparece definido. Aínda que agora se sabe que están asociados coas tormentas, moito dos espectros seguen a ficar no misterio, incluíndo como acontecen, o seu efecto no circuíto eléctrico atmosférico global e se están relacionados dalgún xeito con outros fenómenos de lóstregos da atmosfera superior coma os chorros azuis ou os flashes gamma terrestres.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.