Venres 19 Abril 2024

Espectáculo arredor da Vía Láctea

Créditos da imaxe e copyright: Xiaohan Wang
Créditos da imaxe e copyright: Xiaohan Wang

Explicación: por que podería brillar o ceo coma un arco da vella xigante repetido? A luminescencia. O aire brilla agora todo o tempo, pero é difícil de ver. Porén, unha perturbación (coma unha tormenta que se achegue) pode provocar unha ondulación observable na atmosfera da Terra. Estas onda de gravidade son oscilacións no aire análogas ás creadas cando se guinda unha rocha na auga queda. Probablemente a luminescencia vermella se orixine a partires das moléculas de OH a unha altura duns 87 quilómetros, excitadas pola luz ultravioleta do Sol, mentres que a luminescenciaalaranxada e verde sexa provocada polos átomos de sodio e osíxeno lixeiramente máis altos. O fotógrafo, mentres conducía preto do lago Keluke na provincia Qinghai de China,  notou sobre todo a impresionante franxa central da galaxia Vía Láctea. Ao deterse, abraiantemente resultou que a imaxe da sensible cámara amosaba as bandas da luminescencia bastante destacadas e abarcando todo o ceo. A imaxe publicada tratouse dixitalmente para salientar as cores de xeito máis chamativo.

Tamén temos luminescencia nos Ceos Galegos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150