Venres 29 Marzo 2024

O espectacular vídeo da sonda Juno sobre Xúpiter

Explicación: aquí chega Xúpiter! A nave espacial automática da NASA Juno segue no seu día 53 coas súas órbitas moi alongadas ao redor do meirande planeta do noso Sistema Solar. O vídeo publicado é do perixove 11, a undécima vez que Juno pasou preto de Xúpiter desde que chegou a mediados de 2016. Esta película en vídeo secuencia, con cores salientadas, cobre unhas catro horas variando entre as 36 imaxes da JunoCam. O vídeo comeza con Xúpiter erguéndose mentres a Juno se achega desde o norte. Mentres a Juno chega ao seu punto máis próximo (desde uns 3 500 quilómetros sobre os cumios das nubes de Xúpiter), a sonda espacial capta ao gran planeta nun detalle tremendo. A Juno pasa por zonas claras e cintos escuros de nubes que arrodean ao planeta, así como numerosas tormentas espirais circulares, moitas das que son máis grandes cós furacáns da Terra. Tralo perixove, Xúpiter empequenece na distancia, amosando agora as estrañas nubes que aparecen no sur. Para conseguir os desexados datos científicos, a Juno abateuse tan preto a Xúpiter que os seus instrumentos comezaron axiña a fallar pola exposición a elevados niveis de radiación. Debido en parte a isto, a misión Juno ten na actualidade programado rematar a mediados de 2018, no perixove 14, cando a nave espacial será dirixida para mergullarse no interior da atmosfera de Xúpiter e fundirse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites