erupción solar

Monstruosa erupción solar

Créditos do vídeo: NASA/Goddard/SDO AIA Team
Explicación: unha das visións astronómicas máis espectaculares é unha prominencia solar. En 2011, a sonda espacial que orbita ao Sol Solar Dynamic Observatory da NASA fotografou unha prominencia impresionantemente grande entrando en erupción desde a superficie. A espectacular explosión foi captada en luz ultravioleta no vídeo secuencia superior que cobre 90 minutos, onde se tirou un novo fotograma cada 24 segundos. A escala da prominencia é enorme; toda a Terra encaixaría facilmente baixo a cortina flotante de gas quente. Unha prominencia solar é canalizada e ás veces pendurada por riba da superficie solar polo campo magnético do Sol. Unha prominencia inmóbil dura normalmente un mes aproximadamente, e pode entrar en erupción nunha Exección de Masa Coronal (CME) expulsando gas quente ao interior do Sistema Solar. O mecanismo de enerxía que crea unha prominencia solar aínda é tema de investigación. Mentres o Sol pasa o máximo solar, agárdese que a actividade solar como as prominencias eruptivas se fagan menos comúns durante os vindeiros anos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.