Encontro achegado con M44

Encontro achegado con M44

Encontro achegado con M44

Créditos da imaxe e copyright: Carlo Dellarole, Andrea Demarchi.

Explicación: o luns 26 de xaneiro o asteroide 2004 BL86, moi vixiado, fixo o seu achegamento máis próximo a tan só 1,2 millóns de quilómetros do noso fermoso planeta. Iso son 3,1 veces a distancia Terra-Lúa ou 4 segundos luz. Ao pasar a fume de carozo polo ceo nocturno da Terra deixou este risco nunha exposición fotográfica de 40 minutos de duración o 27 de xaneiro, feita desde o Piamonte (Italia). O campo de vista extraordinariamente fermoso inclúe a M44, tamén coñecido coma o cúmulo estelar Enxame ou Pesebre en Cáncer. Por suposto, o encontro achegado con M44 tan só é aparente, co cúmulo case na mesma liña de visión có asteroide próximo á Terra. A distancia real entre o cúmulo estelar mailo asteroide está ao redor dos 600 anos luz. Con todo, o achegamento ao planeta Terra permitiu un fotografado polo miúdo mediante radar desde as antenas da Rede de Espazo Fondo da NASA en Goldstone (California) e desvelaron que o asteroide ten a súa propia lúa.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.