Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Encélado en silueta

A imaxe amosa os penachos que continuamente expulsa ao espazo desde o polo sur a lúa de Saturno de 500 quilómetros de diámetro

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: Encélado, un do mundos máis engaiolantes do noso Sistema Solar, aparece alumeado por detrás polo Sol nesta imaxe da sonda Cassini do 1 de novembro de 2009. A espectacular iluminación desvela os penachos que continuamente expulsa ao espazo desde o polo sur a lúa de Saturno de 500 quilómetros de diámetro. Descubertos pola Cassini en 2005, probablemente os penachos xeados están conectados a un océano por baixo da capa de xeo de Encélado. Fornecen de material directamente ao tenue anel E, o máis externo de Saturno, facendo a superficie de Encélado tan reflectiva coma a neve. Cruzando a escena, os aneis xeados de Saturn esparexen a luz solar cara as cámaras da Cassini. Máis alá dos aneis, aparece alumeada feblemente pola luz saturniana a parte nocturna da lúa Pandora, de 80 quilómetros de diámetro.

Vigo, 22 de febreiro, 19:00 horas, na Biblioteca Pública Juan Compañel, charla sobre as mellores imaxes do APOD do último ano.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.