Créditos da imaxe Copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Créditos da imaxe Copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

En Gaivota a Sirius

Gaivota está composta pola nebulosa de emisión NGC 2327, con forma de cabeza, coa máis difusa IC 2177 como corpo e ás

Créditos da imaxe Copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Créditos da imaxe Copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Explicación: este mosaico amplo e fermoso abarca case 20 graos ao través do ceo do planeta Terra. A rexión, rica en nebulosas, atópase preto do bordo da superburbulla Orion-Eridanus, chea con capas de gas e po que dan voltas e se espallan incrustadas en nubes moleculares preto do plano da galaxia Vía Láctea. Pode recoñecerse á esquerda a extensa nebulosa Gaivota, composta pola nebulosa de emisión NGC 2327, ollada coma a cabeza da gaivota, coa máis difusa IC 2177 como as ás mailo corpo. As ás da nebuosa Gaivota, a uns 3.800 anos luz de distancia, espállanse uns 240 anos luz, aínda dentro do noso brazo espiral local. A luz azulada de Sirius, a estrela alfa de Canis Major e a máis brillantes estrela da noite, domina de xeito doado a escena á dereita pero brilla desde unha distancia de só 8,6 anos luz. Estuda a gran imaxe e tamén deberas ser recompensado co cúmulo estelar Messier 41, tamén coñecido coma NGC 2287, por non mencionar ao poderoso Helmo de Thor.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.