Eclipse total sobre Svalbard

Eclipse total sobre Svalbard

Eclipse total sobre Svalbard

Créditos da imaxe e copyright: Thanakrit Santikunaporn.

Explicación: Vai, vai, foise. Ese foi o sentimento en Svalbard (Noruega), o mes pasado durante unha eclipse total do Sol pola Lúa. Na imaxe publicada, a eclipse rexistrouse cada tres minutos e despois uniuse dixitalmente cunha fotografía de fondo tirada na mesma localidade. No primeiro plano pode ollarse numerosos buscadores de eclipse pampos, algúns carretando cámaras fermosas e sofisticadas. Mentres a Lúa e o Sol se movían xuntos polo ceo, case horizontalmente desde o afastado norte, unha fracción cada vez maior do Sol aparece cuberta pola Lúa. No cadro central, o bloqueo completo pola Lúa do disco do Sol fai que nos arredores próximos apareza a noite durante o día. A excepción é a propia Lúa, que agora parede estar arrodeada por unha coroa grande do Sol. Por suposto que uns 2,5 minutos máis tarde, a superficie do Sol comezou a reaparecer. A vindeira eclipse total do Sol ocorrerá en marzo de 2016 e será visible desde o surleste de Asia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.