Martes 16 Abril 2024

Eclipse penumbral erguéndose

Créditos da imaxe e copyright: Bill Jelen
Créditos da imaxe e copyright: Bill Jelen

Explicación: tal e como se ollaba desde Cocoa Beach Pier en Florida, planeta Terra, a Lúa saíu tralo solpor do 10 de febreiro mentres esvaraba pola sombra exterior e máis feble da Terra. A eclipe lunar penumbral en progreso foi a primeira eclipse de 2017, seguida nun conxunto dixital de exposicións desde a costa. Por suposto, a sombra penumbral é máis clara que a sombra umbral do planeta. A sombra escura e central é sinxela de ollar no disco lunar durante unha eclipse total ou parcial de Lúa. Aínda así, nesta eclipse penumbral o limbo da Lúa faise xustamente máis escuro de xeito perceptible mentres se ergue sobre o horizonte occidental. Aínda que a segunda eclipse de 2017 podería ser máis emocionante. Con visións desde un camiño que atravesa o hemisferio sur da Terram o 26 de febreiro haberá unha eclipse anular de Sol.

APOD en vivo: charliña sobre as fotos do ano 2016 en Vigo e Pontevedra. En Ourense e na Coruña xa foron.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada