Créditos da imaxe e copyright: Stephane Moser

Créditos da imaxe e copyright: Stephane Moser

Eclipse na illa Reunión

Créditos da imaxe e copyright: Stephane Moser

Créditos da imaxe e copyright: Stephane Moser

Explicación: a escura sombra da Lúa nova cruzou o planeta Terra o 1 de setembro. Aínda que a silueta da Lúa non foi abondo para cubrir o Sol, creando unha eclipse solar anular. O estreito camiño central da sombra tiña uns 100 quilómetros de ancho no máximo da eclipse. Comezando no Atlántico sur, seguiu cara o leste atravesando África e rematou no océano Índico. Os observadores de eclipses, agardando na illa Reunión, do océano Índico, gozaron dunha vista xusto ao norte da liña central, durando a fase anular uns poucos minutos ou menos. As nubes ameazaron o comezo do Sol eclipsado pero crearon un ceo emocionante nesta instantánea da fase parcial desde a parte setentrional da illa de 50 quilómetros de ancho.

Unha resposta a “Eclipse na illa Reunión”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.