Créditos da imaxe e copyright: Robin Lee

Créditos da imaxe e copyright: Robin Lee

Eclipse lunar penumbral

Créditos da imaxe e copyright: Robin Lee

Créditos da imaxe e copyright: Robin Lee

Explicación: paréceche diferente esta Lúa? Aínda amosándose nun espectacular detalle, a faciana completa do satélite máis familiar da Terra semella lixeiramente máis escura do usual, en particular na parte superior esquerda, porque está a sufrir unha eclipse lunar penumbral. A imaxe captouse en Hong Kong (China), o 16 de setembro cando a Lúa cruzaba ao través de parte da sombra da Terra; pero non a sombra máis escura onde a Terra oculta por completo ao Sol. Unha eclipse lunar só pode ocorrer durante unha lúa chea, e moita xente coñece esta lúa chea en particular como a lúa das Colleitas pola súa proximidade ás colleitas no hemisferio norte. A vindeita lúa chea terá lugar este domingo. Algunhas culturas refírense a ela coma a Lúa da Folla que Cae, alcumada pola sua proximidade ao outono setentrional. A segunda lúa chea no mesmo mes denomínase ás veces como a lúa azul; na mentres, este mes amosa unha estraña segunda lúa nova, un acontecemento coñecido coma unha lúa negra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.