Sábado 20 Abril 2024

Eclipse lunar e lóstregos de tormenta

Créditos da imaexe e copyright: Jose Antonio Hervás.
Créditos da imaexe e copyright: Jose Antonio Hervás.

Explicación: que é máis raro ca unha eclipse lunar total de súper-lúa? Pois unha eclipse lunar total de súper-lúa sobre os lóstregos dunha tormenta. Tal electrizante secuencia foi capturada onte desde Ibiza, unha illa ao surleste de España. Despois de programar a localización pola súa beleza e o intre para captar a secuencia completa da eclipse, a única cousa que tiña que colaborar para que este astrofotógrafo capturara unhasecuencia memorable da eclipse era a meteoroloxía. O que parecía ser unha molestiasobre o horizonte volveuse unha benzón. A imaxe composta amosa unhas 200 fotografías combinadas dixitalmente desde a mesma localización durante o curso dunha noite. A Lúa chea está a poñerse mentres se esmorece a vermello dentro da sombra da Terra e despois volta á normalidade. Os lóstregos fortuítos óllanse reflectidos no Mediterráneo á dereita da illa rochosa de 400 metro de altura de Es Vedra. Aínda que a vindeira eclipse total dunha súper-lúa grande e brillante ocorrerá en 2033, a próxima eclipse total dunha lúa completa ocorrerá en xaneiro de 2018 e poderá ollarse mellor desde o leste de Asia e Australia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada