Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek.

Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek.

Eclipse con gegenschein

Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek.

Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek.

Explicación: hai algunha cousa de interese que ollar na dirección oposta ao Sol? Unha noite do mes pasado, unhas poucas cousas. Primeiro, o orbe con brillo vermello da parte inferior dereita da imaxe publicada é a Lúa chea, escurecida e avermellada porque entrou na sombra da Terra. Máis alá do cono de escuridade da Terra están as partículas de po retrodispersivas que orbitan o Sol e que salientan un brillo difuso chamado o gegenschein, visible coma unha franxa tenue que se ergue desde o horizonte central e pasa por tras da Lúa. Tamén se albisca unha banda case horizontal de luminescencia verde xusto por riba do horizonte, parcialmente bloqueada por area laranxa no aire. Afastado no ceo pode ollarse preto do alto da imaxe un punto azul que é a estrela Sirius, mentres a banda central da nosa galaxia Vía Láctea se arquea cara arriba na esquerda da imaxe. As manchas de luz borrosa xusto á esquerda do centro son as Nubes de Magallanes Grande e Pequena. As nebulosas de emisión vermella, demasiado numerosas para seren mencionadas, esparéxense polo ceo, pero estan etiquetadas nunha imaxe anotada complementaria. No primeiro plano da imaxe esta a desolada rexión Deadvlei do Parque Nacional Namib-Naukluft de Namibia, amosando ao propio astrofotógrafo inspeccionando unha terra e un ceo tan abraiantes que o describiu coma unha das mellores experiencias da súa vida.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.