Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI

Dos montes ás chairas de Plutón

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI

Explicación: como son as vistas máis definidas nunca antes olladas de Plutón? Mentres a sonda espacial automática New Horizons se move cara ó Sistema Solar exterior, está enviando agora algunhas das imaxes en resolución máis alta do seu histórico encontro de xullo con Plutón. A que se amosa aquí, unha imaxe de alta definición, é unha recibida recentemente. Á esquerda están os montes al-Idrisi, terras altas montañosas que se pensa están compostas fundamentalmente de blocos de nitróxeno líquido. Unha clara liña costeira de transición diríxenos ás chairas de xeo, á dereita, que forman parte do accidente xeográfico con forma de corazón coñecido coma Sputnik Planum. Aínda se descoñece por que as chairas teñen esa textura de buratos de xeo e segmentos. A fotografía foi tomada uns 15 minutos antes do achegamento máis próximo e amosa unha área duns 30 quilómetros de diámetro. A nave espacial New Horizons ten programado un sobrevoo polo obxecto 2014 MU 69 do cinto de Kuiper o día de Aninovo de 2019.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.