Sábado 20 Abril 2024

Do Setestrelo á Cruz do Sur

Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek
Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek

Explicación: benvidos a unha noite ecuatorial. Esta destacada paisaxe do ceo nocturno de 24 fotogramas foi captada desde a praia Maba na illa indonesia de Halmahera durante a noite do 4 de marzo. Olladas desde só 0,7 graos de latitude norte, ámbolos dous asterismos famosos setentrional e meridional e as axudas á navegación atópanse na mesma vista panorámica. O Setestrelo está no extremo esquerdo e a Cruz do Sur no extremo dereito. Nesa noite, máis alá da fogueira apagándose fórmase un triángulo celeste amarelo-alaranxado con Marte, Antares e Saturno. Fica por riba da Vía Láctea central que está a saír, ou “Miett” na lingua local de Maba. Por suposto que podes seguir as estrelas que sinalan ao polo na parte superior do Setestrelo ou o corpo da Cruz do Surata os polos celestes norte e sur. Ámbolos dous están xusto no horizonte nesta visión desde a praia ecuatorial da illa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150