Xoves 25 Abril 2024

Dione, aneis, sombras e Saturno

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA.
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA.

Explicación: que está a pasar nesta estraña xustaposición de lúa e planeta? O primeiro e máis importante, a lúa de Saturno Dione foi captada nunha panorámica espectacular pola sonda espacial automática Cassini que actualmente está a orbitar ao planeta xigante. A propia lúa, brillante e chea de cráteres, abarca uns 1.100 km, co gran cráter Evander con moitos aneis visible no extremo inferior dereito. Como os aneis de Saturno poden ollarse case de canto, só son visibles directamente coma unha delgada liña horixontal que pasa por tras de Dione. Porén, arqueándose polo fondo da imaxe, están as sombras dos aneis de Saturno, que amosan parte da súa rica textura que doutro xeito non se podería ollar directamente. No fondo, unhas pocas estruturas nubosas poden contemplarse sobre Saturno. A imaxe publicada foi tirada durante o último sobrevoo de Dione planificado pola Cassini, xa que está programado que a sonda espacial se mergulle no interior da atmosfera de Saturno durante 2017.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón