Créditos da imaxe e copyright: John Kraus

copyright John Kraus / @johnkrausphotos

Despegue e aterraxe

Así foi o pasado 7 de xaneiro o despegue maila aterraxe da primeira etapa dun foguete Falcon 9

Créditos da imaxe e copyright: John Kraus

copyright John Kraus / @johnkrausphotos

Explicación: esta paisaxe celeste nocturna, unha composición de tres instantáneas consecutivas, segue o despegue maila aterraxe da primeira etapa dun foguete Falcon 9 o 7 de xaneiro, desde unha praia ca costa espacial do planeta Terra. Co lanzamento desde a Base da Forza Aérea de Cabo Canaveral, o brillante ronsel que comeza no extremo esquerdo marca a fase inicial do voo do foguete. Un gancho visible arriba marca o comezo da traxectoria de retorno da primeira etapa cun “acendido dos retromotores” preto do cumio do arco, mentres que a segunda etapa se separa e continúa cara a órbita. Por riba da parte superior do arco do despeque e debido á perspectiva, unha raia brillante amosa á primeira etapa freando e descendendo cara o Cabo. A raia do horizonte, centrada na parte inferior, é un acendido de 17 segundos que frea finalmente á primeira etapa para unha aterraxe vertical con éxito uns 8 minutos despois do despegue na Zona de Aterraxe 1. Durante o tempo efectivo da longa exposición da escena, as estrelas do fondo deixan ronseis curtos no ceo nocturno do planeta en rotación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.