Explicación: os paxaros non voan a esa altura. Os avións non van tan rápido. A Estatua da Liberdade pesa menos. Ningunha especie que non sexa o home nin sequera pode comprender o que está subindo, nin podería ningún humano de hai un milenio. O lanzamento dun foguete ao espazo é un evento que inspira abraio e desafía a descrición. Nesta fotografía, un foguete SpaceX Falcon 9 V despegou ao través dun banco de nubes desde Cabo Canaveral (Florida) o pasado xullo para levar carga e repostos á Estación Espacial Internacional. Partindo do repouso, o foguete de máis de 300.000 quilogramos ergueu a súa cápsula Dragon ata orbitar a Terra, onde o aire exterior é demasiado fino para respirar. Os foguetes que chegan ao espazo despegan agora desde algures na Terra unha vez ao mes de media.