Xoves 18 Abril 2024

Desenguedellando unha galaxia

Créditos da imaxe e  copyright: Warren Keller, Steve Mazlin, Jack Harvey, Steve Menaker (SSRO/ UNC/PROMPT/ CTIO)
Créditos da imaxe e copyright: Warren Keller, Steve Mazlin, Jack Harvey, Steve Menaker (SSRO/ UNC/PROMPT/ CTIO)

Explicación: a galaxia espiral NGC 3169 semella desenguedellarse nesta escena cósmica, desenvolvida a uns 70 millóns de anos de distancia xusto por baixo da brillante estrela Regulus cara a constelación feble de Sextans. Os seus fermosos brazos espirais están retortos no interior das amplas colas de marea mentres NGC 3169 (arriba) e a veciña NGC 3166 interactúan gravitatoriamente, un destino común incluso para galaxias brillantes do universo local. De feito, os arcos estelares e os penachos prolongados, indicios das interaccións gravitatorias, semellan descontrolados na fonda e colorida foto de grupo galáctico. A imaxe abarca 20 minutos de arco ou uns 400.000 anos luz á distancia estimada do grupo, incluíndo a máis pequena e tenue NGC 3165 na parte inferior dereita. NGC 3169 tamén é coñecida por brillar ao través do espectro desde a radio aos raios X, albergando un núcleo galáctico activo que probablemente é o lugar un burato negro supermasivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde