Xoves 18 Abril 2024

A derradeira imaxe da Cassini

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute

Explicación: tal e como se planificara, a sonda espacial Cassini chocou contra a atmosfera superior de Saturno o 15 de setembro, despois unha longa exploración de 13 anos do sistema saturniano. Cos motores da nave espacial acendidos ata o final, a súa entrada atmosférica seguiu unha serie sen precedentes de 22 mergullos no Gran Final, entre Saturno e os aneis. Ao sinal derradeiro da Cassini levoulle 83 minutos chegar ao planeta Terra e ao compleco de antenas Deep Space Network de Camberra (Australia), onde a perda de contacto coa nave se rexistrou ás 11:55 TU. Para a sonda espacial, Saturno brillaba e o Sol estaba por riba mentres afondaba nas nubes xiratorias superiores do xigante gasoso a uns 113 000 quilómetros por hora. Pero o gran final da Cassini amosa o lugar de impacto horas antes e aínda na parte nocturna do planeta, coas nubes alumeadas na parte superior polo brillo dos aneis, a luz solar que reflectían estes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón