Xoves 18 Abril 2024

De Siva 2 deica M31

Créditos da imaxe e copyright: MDW Sky Survey (David Mittelman, Dennis di Cicco, Sean Walker)
Créditos da imaxe e copyright: MDW Sky Survey (David Mittelman, Dennis di Cicco, Sean Walker)

Explicación: desde o interior dos límites da constelación Cassiopeia (esquerda) deica  Andrómeda (dereita), este mosaico telescópico abarca uns 10 graos nos ceos do planeta Terra. A escena celeste está construída con paneis que son parte dunha exploración da Vía Láctea en luz do hidróxeno alfa en alta resolución. O procesado dos datos monocromáticos da imaxe salientou as estruturas máis febles da zona: os filamentos de gas hidróxeno, relativamente inexplorados, preto do plano da nosa galaxia Vía Láctea. A nebulosa grande e feble Sivan 2, tamén relativamente descoñecida, está na parte superior esquerda do eido. A achegada galaxia Andrómeda, M31, atópase á dereita do centro mentres que as nebulosidades de hidróxeno, tenues e xeralizadas, estrícanse cara M31 por diante do amplo campo de vista. A ampla imaxe da exploración demostra que as intrigantes nubes febles de hidróxeno fotografadas hai pouco polo astrónomo Rogelio Bernal Andreo están realmente dentro da Vía Láctea, ao longo da liña de visión ata a galaxia Andrómeda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150