Créditos da imaxe e copyright: Elizabeth M. Ryan

Créditos da imaxe e copyright: Elizabeth M. Ryan

De lendas e aurora

Créditos da imaxe e copyright: Elizabeth M. Ryan

Créditos da imaxe e copyright: Elizabeth M. Ryan

Explicación: as lendas colisionan nesta vista emocionante de terra, mar e ceo. A terra é Islandia, especificamente Vík í Mýrdal, unha vila meridional coñecida polas súas fermosas praias de area negra. O mar, o océano Atlántico, arrodea Reynisdrangar, un conxunto de pares de rocha basáltica erosionada que o folclore islandés conta que son os refugallos petrificados de trolls que tentaron noutrora arrastrar un barco de tres mastros terra adentro. Ollando ao ceo no máis alto está a princesa Andrómeda, de quen a mitoloxía grega conta que que ficou no mar para loitar cun monstro que se voltou en pedra. Destaca na constelción de Andrómeda, que está a 2,5 millóns de anos luz de distancia, a galaxia Andrómeda, que se olla coma unha mancha borrosa de luz na parte superior dereita. Un podería adiviñar que todo este escándalo foi provocado pola presenza desta espectacular aurora fotografada; pero realmente foron só explosións procedentes do Sol.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.