Venres 29 Marzo 2024

De cara á galaxia NGC 6946

Datos da imaxe composta – Subaru Telescope (NAOJ) e Robert Gendler; Procesado – Robert Gendler
Datos da imaxe composta – Subaru Telescope (NAOJ) e Robert Gendler; Procesado – Robert Gendler

Explicación: desde o noso lugar privilexiado na galaxia Vía Láctea vemos NGC 6946 de fronte. A grande e fermosa galaxia espiral está situada xusto a 10 millóns de anos luz de distancia, por tras dun veo de po e estrelas no primeiro plano na alta e afastada constelación de Cefeo. As cores da galaxia van mudando desde o núcleo cara fóra, pasando da luz amarelada das estrelas vellas do centro aos cúmulos de estrelas novas e azuis e as rexións de formación estelar avermelladas ao longo dos brazos espirais, abertos e fragmentados. NGC 6946 tamén é brillante en luz infravermella e rica en gas e po, amosando unha elevada tasa de formación e morte estelar. De feito, desde primeiros do século XX, polo menos descubríronse nove supernovas en NGC 6946, os estouridos mortais de estrelas masivas. Cuns 40 000 anos luz de diámetro, NGC 6946 tamén é coñecida coma a galaxia dos Foguetes. Este retrato excepcional de NGC 6946é unha composición que inclúe datos procedentes do Telescopio Subaru de 8,2 metros en Mauna Kea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites