Nebulosa Vermella da Lagoa

A criatura da Lagoa Vermella

Nebulosa Vermella da Lagoa

Créditos da imaxe e copyright: Derek Demeter (Emil Buehler Planetarium).

Explicación: Que criatura axexa preto da nebulosa vermella da Lagoa? Marte. Esta fermosa fotografía do ceo profundo mostra o planeta vermello pasando por baixo de dúas notables nebulosas catalogadas como M8 e M20 polo rexistrador cósmico do século XVIII Charles Messier. M20 (arriba e á dereita do centro), a nebulosa Trífida, presenta un forte contraste nas cores vermella e azul así como franxas de po escuro. Xusto debaixo e á esquerda está o amplo e sedutor resplandor vermello de M8, a nebulosa da Lagoa. As dúas nebulosas están a uns poucos miles de anos luz de distancia. En comparación, situado temporalmente por baixo de ambas as dúas, está o faro celeste dominante e “local” Marte. A fotografía fíxose a finais do mes pasado, cando o planeta vermello se encontraba preto da súa máxima aproximación á Terra, a tan só uns minutos luz de distancia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.