CratersGalaxyTafreshi

Cráteres do sur e galaxias

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: os cráteres Henbury nos Territorios do Norte (Australia – planeta Terra) son as cicatrices dun impacto de hai uns 4.000 anos. Cando o antigo meteorito rachou en ducias de anacos, o máis grande fixo un cráter de 180 metros diámetro no que as súas paredes e solo erosionados están alumeados no primeiro plano desta paisaxe do hemisferio meridional. A vista panorámica vertical segue á nosa magnífica galaxia Vía Láctea estricándose por riba do horizonte, cos seus ricos campos estelares centrais cortados polas nubes de po escuro. Unha ollada ao longo do plano galáctico tamén desvela a Alfa e Beta Centauri e as estrelas da Cruz do Sur. Captadas nos espectaculares ceos escuros da zona, a Pequena Nube de Magallanes, satélite da Vía Láctea, é a brillante galaxia da esquerda. O brillo visible por baixo do horizonte non son as luces dunha cidade achegada, senón a Gran Nube de Magallanes erguéndose.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.