Venres 29 Marzo 2024

Conxunción triple sobre o Parque Nacional galego

Triple conxunción da Lúa, Venu e Xúpiter no Parque Nacional Illas Atlánticas
Créditos da imaxe e copyright: Fernando Rey (LuzLux).

Explicación: que son eses obxectos brillantes que penduran sobre o horizonte? Planetas e a Lúa. O primeiro de todo, o horizonte amosado é a liña de costa do Océano Atlántico que está no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, ao norte de España. O seguinte na distancia, á esquerda, é a Lúa. Doadamente o obxecto máis brillante do ceo nocturno, aquí a Lúa estaba nunha fase crecente. O seguinte en distancia, á dereita, é o planeta Venus, mentres que o planeta Xúpiter se ve no cumio do triángulo. A exposición longa coa nosa Terra rotando rapidamente fixo que todos os obxectos celestes, incluíndo as estrelas afastadas, aparezan como arcos lixeiros. A imaxe publicada tirouse na noite do pasado domingo. Aínda que a órbita da Lúa levouna xa lonxe desta parte do ceo, os planetas Venus e Xúpiter poden ollarse superpostos xusto tralo solpor ata mediados de agosto. A separación aparente máis pequena de Venus e Xúpiter ocorrerá nunha semana, cando os dous planetas aparecerán afastados por menos do diámetro angular da Lúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As raias femias do Parque Nacional Illas Atlánticas, claves para a saúde das súas poboacións

Investigadores galegos publican un artigo na revista 'Marine Ecology Progress Series’ que afonda no coñecemento dos hábitats dos elasmobranquios

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito