Venres 29 Marzo 2024

A complexa cola iónica do cometa Lovejoy

Cometa Lovejoy
Créditos da imaxe e copyright: Velimir Popov e Emil Ivanov (IRIDA Observatory).

Explicación: que provoca a estrutura da cola do cometa Lovejoy? O cometa C/2014 Q2 (Lovejoy), que actualmente ten unha luminosidade a simple vista e preto do seu brillo máximo, estivo a amosar unha cola iónica exquisitamente detallada. Tal e como implica o seu nome, a cola iónica está feita de gas ionizado; gas potenciado por luz ultravioleta procedente do Sol e empurrada cara o exterior polo vento solar. O vento solar está bastante estruturado e esculpido polo complexo do Sol mailo cambiante campo magnético. O efecto do variable vento solar combinado con diferents chorros de gas venteados desde o núcleo do cometa dá conta da complicada estrutura do núcleo. Seguindo o vento, a estrutura da cola do cometa Lovejoy pode ollarse movéndose cara fóra desde o Sol e incluso altera a súa aparencia ondulada no tempo. A cor azul da cola iónica está dominada polas moléculas de monóxido carbónico recombinado, mentres que a cor verde da coma que arrodea a cabeza do cometa está creada na maior parte por unha lixeira cantidade de moléculas de carbono diatómico recombinadas. A imaxe mosaico de tres paneis amosada tirouse hai nove días desde o Observatorio IRIDA, en Bulgaria. O cometa Lovejoy fixo a súa pasada máis achegada pola Terra hai dúas semanas e estará o máis achegado ao Sol nuns dez días. Despois diso, o cometa atenuarase mentres se dirixe de volta ao Sistema Solar exterior, para voltar só nuns 8.000 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente