Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Cometa azul nas Híades

As estrelas deste cúmulo espállanse por este mosaico que abarca uns 5 graos do ceo cara a constelación Touro

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Explicación: as estrelas do cúmulo das Híades espállanse por este mosaico que abarca uns 5 graos do ceo cara a constelación Touro. Presently cruising through the Solar System, O destacado cometa azul C/2016 R2 PanSTARRS, que está agora a atravesar o Sistema Solar, localizase neste amplo campo de vista usando datos do 12 de xaneiro. Có ápex do cúmulo das Híades e a súa forma de V ubicado na parte superior central, a brillante Aldebarán, a estrela alfa do Touro, ancora o cadro no estremo inferior dereito. Aldebarán, unha xigante fría vermella, aparece en cores laranxas neste eido estelar cheo de cor. Mentres as estrelas das Híades se espallan a 151 anos luz de distancia, Aldebarán está só a 65 anos luz e, polo tanto, separada das estrelas do cúmulo. O 12 de xaneiro C/2016 R2 estaba a uns 17 minutos luz do planeta Terra e a case 24 minutos luz do Sol. A cola de cor azul débese sobre todo ao gas CO+que emite fluorescencia baixo a luz solar, a cabeza ou coma do cometa aparece cun lixeiro ton verdello, probablemente pola emisión de carbono diatómico.

En Ceos Galegos temos hoxe o noso propio cometa.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.