Créditos da imaxe e copyright: Kevin Parker

Créditos da imaxe e copyright: Kevin Parker

Colas cometarias e ronseis estelares

Créditos da imaxe e copyright: Kevin Parker

Créditos da imaxe e copyright: Kevin Parker

Explicación: tras rozar o horizonte occidental nos seráns do verán setentrional, o cometa PanSTARRS (tamén coñecido coma C/2014 Q1) érguese máis alto nos ceos invernais meridionais. O cometa, un visitante do Sistema Solar máis interior que se descubriu en agosto de 2014 polo prolífico proxecto de exploración panSTARRS, capturouse aquí o 17 de xullo. O cometa mailas súas colas cheas de cor foron fotografados desde o Home Observatory de Mackay, (Queensland, Australia). O campo de vista abarca xusto un grao. Este cometa PanSTARRS, que pasa rapidamente polo medio do ceo, estivo no seu punto máis preto da Terra uns 2 días máis tarde. Aínda así, as débiles estrelas da constelación de Cáncer deixaron ronseis curtos nesta imaxe telescópica aliñada coa ruta do rápido movemento do cometa. As azuladas colas iónicas do PanSTARRS flúen desde o Sol, batidas polo vento solar. Dirixida pola presión da luz solar, a máis difusa e amarelada cola de po é empuxada cara o exterior e atrásase por detrás da órbita do cometa. Nos vindeiros días o cometa, un bo obxectivo para prismáticos desde latitudes meridionais, varrerá os ceos preto de Venus, Xúpiter e a brillante estrela Regulus.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.