Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, ASI, INAF, JIRAM

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, ASI, INAF, JIRAM

Ciclóns no polo norte de Xúpiter

Oito tormentas colosais arrodean un formidable ciclón de máis de 4.000 kms de diámetro na superficie xoviana

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, ASI, INAF, JIRAM

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, ASI, INAF, JIRAM

Explicación: os datos da Jovian Infrared Auroral Mapper da Juno (ou Cartografador Auroral Xupiteriano en Infravermellos) empregáronse para construír esta espectacular vista dos ciclóns no polo norte de Xúpiter. As observacións en infravermello, que miden a emisión térmica procedente das partes superiores das nubes xupiterianas, non se restrinxen ao hemisferio alumeado pola luz solar. Desvelan oito accidentes ciclónicos que arrodean un ciclón duns 4.000 quilómetros de diámetro, xusto por fóra do polo norte xeográfico do planeta xigante. Datos semellantes amosan un cliclón no seu polo sur con cinco ciclóns circumpolares. Os ciclóns do polo sur son lixeiramente máis grandes cós seus curmáns setentrionais. Os datos da Cassini amosaron que os polos norte e sur do xitante gasoso Saturno teñen cadenseu sistema tormentoso ciclónico solitario.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.