Xoves 28 Marzo 2024

Chorros e choques preto de Orión

Créditos da imaxe e copyright: Mark Hanson
Créditos da imaxe e copyright: Mark Hanson

Explicación: este abraiante conxunto de nebulosas e estrelas pode atoparse a uns dous graos ao sur da famosa rexión de formación estelar da nebulosa de Orión. A zona abunda en potentes estrelas novas que producen chorros e fluxos que empurran o material ao seu derredor a velocidades de centos de quilómetros por segundo. A interacción crea frontes de onda de choque luminosas coñecidas coma obxectos Herbig-Haro (HH). Por exemplo, o arco grácil e solto xusto á dereita do centro catalógase coma HH 222, tamén chamada a nebulosa da Fervenza. HH 41, que se ve por baixo da Fervenza, ten unha forma típica de cono. A brillante nebulosa azulada por baixo e á esquerda do centro é NGC 1999, unha nube poeirenta que reflicte a luz procedente dunha estrela variable incrustada. A vista cósmica completa abarca uns 30 anos luz, preto do bordo do Complexo Molecular de Nubes de Orión a uns 1 500 anos luz de distancia.

Ciencia aberta: navega por máis de 1 600 códigos da Astrophysics Source Code Library

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente