Martes 16 Abril 2024

Chorro dobre de partículas en Herbig-Haro 24

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Heritage (STScI / AURA) / Hubble-Europe Collaboration
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Heritage (STScI / AURA) / Hubble-Europe Collaboration

Agradecementos: D. Padgett (GSFC), T. Megeath (University of Toledo), B. Reipurth (University of Hawaii)
Explicación: isto ben podería semellarse a unha espada láser de dobre folla, pero estes dous chorros cósmicos realmente proceden dunha estrela recén nada nunha galaxia achegada a ti. Esta escena espectacular, construída a partires de datos do Telescopio Espacial Hubble, abarca máis ou menos medio ano luz ao través de Herbig-Haro 24 (HH 24), a uns 1.300 anos luz de distancia na gardería estelar do complexo de nubes moleculares Orión B. A protoestrela central HH 24, agochada da visión directa, está arrodeada por po frío e gas aplanado nun disco de acreción en rotación. Cando o material do disco cae cara o novo obxecto estelar arrequece. Os chorros opostos son disparados ao exterior ao longo do eixo de rotación do sistema. Os potentes chorros, que cortan o material interestelar da rexión, producen unha serie de frontes de choque brillantes ao longo do seu camiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón