Venres 29 Marzo 2024

Un cerro derrubándose en Marte

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS; recompilado e procesado: Kenneth Kremer, Marco Di Lorenzo
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS; recompilado e procesado: Kenneth Kremer, Marco Di Lorenzo

Explicación: que é ese estraño outeiro de Marte? O todoterreo Curiosity, rodando por Marte, acaba de atravesar un grupo deses outeiros que a NASA etiquetou coma buttes Murray (cerros Murray). Na fotografía aparece un mosaico composto recentemente dun dos últimos buttes polos que pasou o Curiosity no seu camiño deica o monte Sharp; pero tamén un dos máis espectaculares visualmente. Os antigos estratos depositados pola auganunha arenita relativamente densa levada polo vento, pero agora enxoita e esmiuzándose, coroan a estrutura de 15 metros de altura. O bordo do cráter Gale pode ollarse á distancia. O Curiosity continúa a amorear indicios de como mudou Marte de ser un planeta con áreas húmidas e acolledor para a vida microbiana nunha paisaxe seca, erma e enferruxada que ollamos hoxe.

VOLVE AstroGalicia16: a festa galega das estrelas. Do 7 ao 9 de outubro en Castrelo de Miño.

Publicidade

1 comentario

  1. En realidade mais que Butte que é un termo reservado para relieves residuais en rochas plutónicas (granitos), xa que se trata de rochas sedimentarias debería chamarse, os ingleses usan o termo en español Mesa. Estamos afeitos a ver Mesas ainda que moito mais grandes e altas. Esta Mesa é pequena. Sedimentos eólicos acumulados nunha chaira que despois foi ocupada pola auga que encheu como un lago o fondo do crater Gale. Mais tarde a lagóa desapareceu e a erosiónfoi eliminando os depósitos deixando nada mais esta testemuña da lagoa orixinal preenchida de sedimentos.
    A vida, se algunha vez ten existido en Marte, sería microbiana e requeriría mais ben océanos profundos que non estaban situados na zona do crater Gale senon mais ao norte.De buscar restos de vida pasada en Marte hai que ir aos sedimentos de ese antigo océano. No Crater Gale non hai nada

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Primeiras imaxes de Deimos, a lúa máis misteriosa de Marte

Foi capturada pola Hope Mars Mission e a partir das capturas os expertos deduciron que o satélite puido formarse co planeta

A nave da misión Artemis I regresa con éxito á Terra tras un mes xirando arredor da Lúa

A cápsula da misión Artemis I amarou o pasado domingo nas augas do Océano Pacífico tras facer historia co seu voo de case 26 días sen tripulación en torno ao noso satélite