Créditos da imaxe: NASA, ESA e A. Riess (STScI/JHU) et al.

Créditos da imaxe: NASA, ESA e A. Riess (STScI/JHU) et al.

Cefeidas e supernova na galaxia espiral

Créditos da imaxe: NASA, ESA e A. Riess (STScI/JHU) et al.

Créditos da imaxe: NASA, ESA e A. Riess (STScI/JHU) et al.

Explicación: Que pode contarnos esta galaxia sobre a velocidad de expansión do Universo? Quizais moito porque UGC 9391, destacada, non contén só estrelas variables cefeidas (círculos vermellos), tamén unha recente supernova Tipo Ia (X azul). Ámbalas dúas clases de obxectos teñen un brillo estándar, sendo visibles as cefeidas normalmente preto, mentres que as supernovas poden ollarse moito máis afastadas. Por tanto, esta espiral é importante porque permite calibrar a relación entre as partes achegadas e afastadas do noso Universo. De xeito abraiante, unha análixe recente de novos datos do Hubble de UGC 9391 e varias galaxias semellantes fortaleceron as indicacións previas de que as cefeidas mailas supernovas están a expandirse co universo lixeiramente máis rápido do agardado polas medidas da expansión do universo temperán. Dados os numeros éxitos das concordancias cosmolóxidas do universo temperán, os astrofísicos están agora a especular con forza sobre as posibles razóns desta discrepancia. O rango de explicacións candidatas van desde o sensacional, como sería a inclusión de estrañas compoñentes cosmolóxicas coma a enerxía pantasma e a radiación escura, deica o mundano, incluíndo casualidades estatísticas e fontes infravaloradas de erros sistemáticos. Estanse a planear numerosas observacións no futuro para axudar a resolver o enigma.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.