Venres 19 Abril 2024

A Cassini mira cara fóra desde Saturno

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute

Explicación: isto e ao que semella Saturno desde o interior dos aneis. A semana pasada, por vez primeira, a NASA dirixiu á sonda espacial Cassini a cruzar entre Saturno e os seus aneis. Durante o mergullo, a sonda automática tirou centos de imaxes que amosan nun detalle sen precedentes as estruturas da atmosfera de Saturno. Porén, mirando cara o exterior, a sonda foi quen de captar vistas impresionantes. Na imaxe publicada tirada unhas poucas horas antes do seu máximo achegamenteo, pode verse o estraño hexágono setentrional de Saturno ao redor do polo norte. O anel C é o máis próximo que se olla, mentres que a escura división de Cassini afasta a parte interna do anel B da externa do A. Unha inspección polo miúdo dará conta de dúas pequenas lúas que pastorean o anel F, o anel máis afastado que se albisca. Esta imaxe é en cru e será verificada oficialmente, calibrada e publicada en data posterior. A Cassini mantén o calendario para rematar a súa misión mergullándose na atmosfera de Saturno o 15 de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón