Caronte

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Explicación: o mundo xeado Caronte 1.200 quilómetros de diámetro. Iso fai que a lúa meirande de Plutón teña só a décima parte do tamaño do planeta Terra pero un enorme diámetro, a metade, comparada co propio Plutón. Ollamos a Caronte nun detalle sen precedentes nesta imaxe da New Horizons. A imaxe foi captada o pasado 13 de xullodurante o voo da sonda espacial ao través do sistema plutoniano desde unha distancia menor de 500.000 quilómetros. Como referencia, a distancia que separa á Terra da Lúa é menor de 400.000 quilómetros. O terreo carontiano, descrito como sabraiante, xuvenil e variado, inclúe unha franxa de 1.000 quilómetros de cantís e depresións que se estira por baixo do centro, un canón de 7 a 9 quilómetros de fondo corta a curva da parte superior dereita do bordo, e un rexión escura polar enigmática ao norte, alcumada extra-oficialmente Mordor.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.