Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI

Caronte e as pequenas lúas de Plutón

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI

Explicación: a que se parecen as lúas de Plutón? Ata hai dez anos só coñeciamos a lúa máis grande, Caronte, pero nunca se fotografara. Mentres a sonda espacial automática New Horizons era axeitada e lanzada, identificáronse outras lúas nas fotografías do Hubble pero só coma folerpas de luz. Por fin, o verán pasado a New Horizons pasou lixeiro por Plutón, fotografando polo miúdo a Plutón e Caronte, e tirou as mellores imaxes que puido de Styx, Nix, Kerberos e Hydra. A composición de fotografías publicada amosa os resultados; óllase que cada lúa ten unha forma característica, mentres que só se albisca a complexidade subxacente. Aínda que non resoltas de xeito satisfactorio, probablemente estas imaxes sexan as mellores das que dispoña a humanidade por algún tempo. Isto débese a que as lúas son demasiado pequenas e afastadas para ser resoltas polos telescopios terrestres e non hai planificadas novas misións ao sistema de Plutón.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.