Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Caronte, a lúa de Plutón

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Explicación: unha rexión no polo norte escura e misteriosa coñecida informalmente coma Macula Mordor fai de pucha neste primeiro retrato en alta resolución de Caronte, a lúa máis grande de Plutón. Captada pola New Horizons preto do seu achegamento máis próximo o 14 de xullo, os datos da imaxe foron transmitidos á Terra o 21 de setembro. Os datos combinados en azul, vermello e infravermello están procesados para salientar as cores, seguindo as variacións das propiedades superficiais cunha resolución duns 2,9 quilómetros. De feito, Caronte ten 1.214 quilómetros de diámetro, máis ou menos a décima parte do tamaño do planeta Terra pero unha barbaridade comparado co propio Plutón: a metade do seu diámetro. Iso convírteo no satélite máis grande en relación ao seu mundo principal do Sistema Solar. Esta imaxe destacada do hemisferio de Caronte que mira a Plutón amosa unha vista máis clara dun cinto de fracturas e canóns que aparentemente cinguen á lúa e semellan separar as suaves chairas meridionais do variado terreo setentrional.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.