Venres 29 Marzo 2024

Cando as rosas non son vermellas

Créditos da imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm
Créditos da imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm

Explicación: por suposto que non todas as rosas son vermellas, pero aínda así son fermosas. Ao mesmo tempo, a fermosa nebulosa Roseta e outras rexións de formación estelar son a miúdo amosadas en imaxes astronómicas cunha cor predominantemente vermella, en parte debido a que a emisión dominante da nebulosa procede dos átomos de hidróxeno. A liña de emisión óptica máis forte do hidróxeno, coñecida coma H-alfa, está na rexión vermella do espectro, pero a beleza dunha nebulosa de emisión non necesita ser aprezada só na luz vermella. Outros átomos da nebulosa tamén se excitan pola potente luz estelar e producen liñas de emisión estreitas. Nesta vista espectacular da nebulosa Roseta, combínanse imaxes de banda estreita para amosar a emisión dos átomos de xofre en vermello, hidróxeno en azul e osíxeno en verde. De feito, o esquema de cartografado destas liñas estreitas de emisión atómica en cores amplos é adoptada en moitas imaxes do Hubble para garderías estelares. A imaxe abarca uns 100 anos luz na constelación Monoceros, aos 3 000 anos luz de distancia estimada para a nebulosas Roseta. Para convertir á Roseta ao vermello, só tes que seguir esta ligazón ou esvarar o teu cursos sobre a imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente