Caloris en cores salientadas

Caloris en cores salientadas

Caloris en cores salientadas

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ. APL, Arizona State U., CIW.

Explicación: a desproporcionada baía Caloris en Mercurio é unha das cuncas de impacto máis grandes do Sistema Solar, formada nos primeiros momentos do noso sistema polo impacto dun corpo de tamaño asteroidal. A cunca, fracturada e con moitos accidentes xeográficos, esténdese uns 1.500 quilómetros neste mosaico coas cores salientadas que está baseado en datos de imaxes da nave espacial MESSENGER, en órbita do planeta. Caloris, a gran cunca de impacto máis nova de Mercurio, foise enchendo de seguido por lavas que aparecen en cor laranxa no mosaico. Os cráteres formados trala inundación escavaron material por baixo da superficie de lava e poden verse en cores azuis que contrastan, e probablemente ofrecen unha ollada ao material orixinal do solo da cunca. A análise destes cráteres suxire que o grosor da cobertura de lava volcánica está nos 2,5-3,5 km. Pénsase que as manchas laranxas ao redor do perímetro da conca son fumarolas volcánicas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.